Metamorfose de Franz Kafka

Durante este confinamento que estamos a vivir, tiven o gusto de ler unha das obras máis coñecidas de Franz Kafka: a Metamorfose. Lina grazas ás clases de literatura universal online e penso que é boa idea falárvos un pouco dela...


O escritor Franz Kafka naceu en Praga,concretamente no Imperio Astrohúngaro, o 3 de xullo de 1883,  sendo fillo de xudeus. Foi un escritor bohemio que escribiu en alemán, e a súa obra, é considerada como unha das máis influíntes da literatura universal. Pertence á primeira metade do século xx.

Un século que está marcado por unha forte crise, onde ten lugar a  Gran Guerra que todos coñecemos.




Kafka, é autor de grandes novelas, como á que nos estamos a referir pero tamén de moitos relatos curtos. Ademais, deixou abundantes escritos autobiográficos.


Asociadas ao expresionismo e ao existencialismo, as súas creacións literarias conseguiron cubrir temas tan complexos como a condición do home contemporáneo, a angustia, a culpa, a burocracia, a frustración ou a soidade, entre outros. 








Como xa dixen anteriormente, foi escritor de grandes novelas, como:



O Proceso: unha novela inacabada, publicada postumamente en 1925. Trata sobre un home que é arrestado unha mañá por un motivo descoñecido, a partir de aquí o protagonista entra nun gran pesadelo co que non pode espertarse.

O Castelo: coma a anterior tamén é unha obra inacabada e publicada postumamente, neste caso un ano máis tarde. O protagonista loita por acceder ás misteriosas autoridades dun castelo. Trata sobre a alienación, a burocracia e a frustración aparentemente interminable dos intentos dun home por unirse ao sistema.


Agora chegou o momento de falar sobre a nosa obra.


 A Metamorfose:



Esta obra publícase no ano 1925, hai moitas teorías que indican que é unha autobiografía do propio autor. É unha obra que está en terceira persoa, xa que o seu narrador é o autor, Franz Kafka.

Como xa dixen, dise que Franz Kafka escribiu A Metamorfose na forma dunha autobiografía obviamente esaxerada da súa percepción emocional e física.  De feito o apelido do personaxe é "Samsa", moi semellante ao de Kafka coa diferenciándose polas consoantes.


É un libro que nos describe en forma de novela como unha persoa se converte nun insecto e como consecuencia de que a súa vida cambia completamente xunto con todo o seu entorno. O protagonista leva o nome de Gregor Samsa, vive na súa casa xunto a unha irmá Grete e os seus pais. 
Podemos citar que o tempo interno son aproximadamente 3 meses e pola contra o tempo externo é o século XX e todo o que iso conleva, as guerras e de máis conlitos...
Os espazos desta obra son moi sinxelos de identificar xa que as esceas só teñen lugar na casa da familia de Gregor, pero máis concretamente na súa habitación.
A min, persoalmente paréceme que este é un detalle que Kafka como escritor lle quixo dar máis expresividade e profundiade a súa obra, como outros maís. Pero penso que a porta da súa habitación estivese sempre pechada pode significar que para o protagonista era unha forma de illarse da súa vida, que, quizais non era a que el quería.


Poderíase mencionar que o que chama a atención na novela é que sempre se fala dun home novo e a súa vida implicada nunha sociedade, que son a súa propia familia. Este mozo e a  súa forma de vida é a esencia de toda a novela, por non falar do notable cambio que terá cando se transforme nun insecto. O que máis se observa é como este mozo goberna a súa vida, rematando por adaptar a súa vida á realidade moi triste. 



Finalmente, quería expresar o que puiden aprender con esta obra:
A miúdo móstrase que matarnos a nós mesmos por facer algo que adoita ser malo, porque o recoñecemento que temos moitas veces non paga a pena o excesivo traballo que se fai.
Isto é o que lle pasou a Gregor, suicidouse no traballo e no momento da verdade, todos o ignoraron.


"As relacións que cambian constantemente, que nunca se fan cordiais e nas que non hai lugar para os sentimentos"Franz Kafka

Penso que esta frase de Franz Kafka refírese á relación que tiña coa súa familia, especialmente co seu pai.

Na miña opinión é unha lectura moi doada de ler, porque ten algo que fai que non podamos parar de ler e temos  a nacesidade de saber como remata. Non obstante ten bastante vocabulario , e, sobre todo unha mentalidade máis antiga da que non estamos adoitados a ver.
Unha obra que sen dúbida xoga coas nosas mentes, atrápate, provoca en nós moitas sensacións estrañas, que mesturan medo e noxo a partes iguais, e, esa capacidade de provocarnos está reservada só aos grandes relatos, aínda que sexan breves.

Comentarios

Publicacións populares