AGARDANDO A GODOT




Hoxe vouvos falar sobre outra obra que tiven o gusto de ler, neste caso como xa indica o título: Agardando a Godot do autor Samuel Beckett. Lína grazas a que a nosa profesora de literatura deunos a oportunidade de poder subir nota como traballo final léndoa, así que sin máis dilación comezamos a falar dela.


Samuel Beckett: el genial autor de “Esperando a Godot” | Leedor.comSamuel Beckett naceu o 13 de abril de 1906 en Dublín. Foi un escritor irlandés autor de obras de teatro, novelas, poesía e crítica literaria, que destacou especialmente como dramaturgo. Grazas ao carácter experimental dos seus textos e a súa liberdade por quebrar calquer convencionalismo, situárono entre os autores modernos fundamentais do século XX. Esta, a nosa obra é un drama traxicomédico denominado “teatro do absurdo”, pero diso falaremos máis adiante.

Licenciouse en Filoloxía moderna e durante un breve tempo exerceu coma mestre, labor á que renunciou xa que descubríu que non tiña a vocación suficiente. 


En canto ao xeito de de escribir de Samuel Beckett era: pesimista, profunda e trascendental aínda que non exenta dun particular sentido do humor caracterizado pola ironía, cemtrándose noutros campos que van máis aló da literatura como a psicoloxía e a filosofía, concretamente no psicoanálise.


As súas obras estan relacionadas coas artes escénicas e foi un autor moi influínte no panorama literario internacional, obtendo así un dos preios máis prestixiosos, o Premio Nobel de LIteratura.


Antes de falar da obra protagonista deste post, cabe destacar algunhas das súas obras:



Unha vez nomeadas algunhas das súas obras, xa é hora de falar da nosa non si?!


Agardando a Godot
Esperando a godot: Traducción de ana maría moix (Bolsillo) (Tapa ...

Samuel Beckett lanzou esta obra no ano 1948, aínda que foi publicada no ano 1952.
Sendo a obra máis famosa do noso autor, ubícase dento do teatro do absurdo como nomeamos anteriormente. Está dividida en 2 actos protagonizados por Vladimir e Estragón, dous vagabundos que esperan a chegada de Godot.


Como xa dixen, é a obra máis coñecida de Samuel Beckett e, aínda que a súa trama aparentemente non parece ter ningunha acción relevante, o certo e que non deixa de ser un reflexo do absurdo da vida. Unha trama que, aínda que pareza sinxela e mesmo un pouco cutre, ten o poder de facernos reflexionar sobre; para qué vivimos?


Grazas a esta obra o autor puido subirse sobre un escea. Nese preciso instante Beckett causou unha enorme revolución na época, xa que apostaba por unha nova corrente de teatro que ata o momento, ninguén estaba adoitado a ver.
Para el, na súa obra hai moi pouca “acción” pero o que verdadeiramente hai é “mensaxe”, é dicir o planteamento da vida mesma dunha forma bastante absurda.


Na obra, coñeceremos aos nosos dous protagonistas, Estragón e Vladimir que se chaman así mesmos Gogo e Didi. Polo que se describe na obra, semellan ser vagabundos.
Están nun lugar deserto onde só hai unha árbore, concretamente un sauce chorón e, están nese lugar esperando a un tal Godot. Non saben moi ben por qué o están a esperar, non recordan o motivo, pero esta espera interminable é a mesma obra de teatro.
Mentres esperan esa chegada, falan sobre as suas cousas e contan unha historia sobre ladróns, pero eles teñen moi claro que deber permanecer alí agardando a espera.
Ao día seguinte non saben si están alí verdadeiramente ou todo é un soño, moitos pensamentos confusos e as súas mentes nubladas, pero o único que teñen claro é que están agardando a Godot. Non saben nin sequera quén se encontra detrás dese nome, nin tampouco estan seguros de que ese é lugar onde deben seguir esperando. 
Nese momento escoitan un berro, pensan que é Godot, que por fin chegara!, pero… Chegaron dous novos personaxes Pozzo e Lucky que tamén, por algunha estraña razón agardan a Godot.

Sabemos que Pozzo trata bastante mal a Lucky, mesmo como se fose un can, dándolle latigazos e, por si isto non fose moito, lévao atado dunha corda.
Ao principio deste encontro, Gogo e Didi pensan que Pozzo é o propio Godot, aínda que máis tarde este confésalle que ese nome non lle resulta nada familiar.
Foi así como estes dous novos integrantes deciden quedarse con eles a xantar. 
Durante o tempo no que están os catro xuntos, tanto a Estragón como Vladimir sinten moita noxtalxia polo estado de Lucky, está nos ósos e é moi mal tratado polo seu “dono”, que máis tarde o propio Pozzo lles di que quere desacerse del porque non cumple ben o seu traballo. Non obstante, para “animar” a espera, dínlle a Lucky que baile, pero pouco despóis este mais o seu amo deciden marchar, cousa que replantean facer Vladimir e Estragón pero deciden quedarse agardando a ese enigmático Godot.

O acto primeiro péchase coa chegada dun neno que anuncia que Godot non puido asistir, pero que ao día seguinte seguramente aparecería. Mentres que o segundo acto comeza co reencontro dos protagonistas, Vladimir e Estragón, xa que polo que din non durmiron nin xuntos nin nese mesmo sitio. 
Cabe destacar que neste segundo acto o único elemento que hai neste lugar; a árbore ten outra apariencia, anteriormente semellaba estar triste pero agora está como chea de vida, quizáis débese a alegría que teñen Vladimir e Estragón .
 Maís tarde algo parece non ir ben; aparecen os outros dous personaxes, pero agora un está cego e o outro mudo. Este suceso foi moi significativo e relevante na obra, xa que foi un cambio moi forte en tan só un día, sin ningunha explicación lóxica… Tampouco recordan que o día anterior estiveran xuntos os catro.

Este segundo acto remata do mesmo xeito que o primeiro, o neno volve a aparecer diciendo que mañá Godot estará ahí sen falta e negará que o día anterior houbese pasado, algo que reflexa que todas as persoas viven nun paradoxo e nunha confusión constante.

Esperando a Godot - Wikipedia, la enciclopedia libre
Así é rapaces, unha trépida obra que te deixa confuso, e sobretodo, faite reflexionar a nosa existencia. Hai moits teorías que indican que Godot fai referencia á figura de Deus, xa que Deus en inglés é “God”. Pero o propio autor negou esta teoría.  


Penso que non é necesario dicir que é unha obra cunha infinidad de simboloxías e de complexidades que, de primeiras pódennos resultar non ser moi doadas de entender. Polo que creo que é boa idea facer referencía ao símbolo máis destacado da obra que é: 

A árbore: é o elemento que simboliza a condena á que estamos somerxidos os humanos. Durante a obra, os personaxes terán en conta a posibilidade de usar as ramas da árbore para suicidarse. Pero, ademais da condena, tamén simboliza a redención xa que, no segundo acto, a árbore crecéronlle follas, é unha árbore con vida.

El Sauce Llorón, un precioso árbol ornamental


Un breve fragmento desta obra, protagonizada por actores españois:



Na miña opinión, está obra paréceme moi complexa de entender, de feito non entendín case nada, pero penso que en parte ahí está a maxia. Moitas das cousas que acontecen na vida non lles encontramos a explicación porque non teñen un sentido superficial. Polo que eu, persoalmente, penso que esta é razón máis que suficiente para darlle outro repaso á lectura. Resúltame moi complicado dar a miña opinión nesta obra porque non sei realmente o que ten, pero ten algo que a fai especial. Si les esta obra a recordarás seguro.

Fálase de que é un teatro do absurdo pero penso que está obra vai máis aló do absurdo, é máis ben realista pero, iso depende de o que cada un quere ou crea ver no trasfondo da historia.


E ti, pensas que a vida carece de sentido?

Sempre encontramos algunha cousa que nos produce a sensación de existir, Samuel Beckett

Comentarios

Publicacións populares